Nos próximos anos espérase que as organizacións se vexan inundadas por unha cantidade inxente de información. Xa neste momento, a explosión das redes sociais, a chegada da Internet das Cousas, a Xenómica e a E-Sáude están situando os nosos sistemas de computación e análise nos límites da súa capacidade. No período que abrangue dende o principio da humanidade ata o 2003, calcúlase que a información xerada roldaba os 5 Hexabytes (un Hexabyte equivale a un millón de Teras). Neste momento calculase que esta información se xera cada 2 días. E, para 2020, esperase unha multiplicación do universo dixital actual por un factor de 44. Da información xerada actualmente, considerase que un 5% trátase de información estruturada, mentres que o 95% restante correspóndese a información non estruturada.

    O novo cuño para o manexo e análise deste mar de información é Big Data & Data Science (BD & DS). Os informes das consultoras máis prestixiosas prevén unha explosión do mercado de BD & DS para os próximos anos, así como unha demanda moi importante de especialistas e traballadores capaces de afrontar os novos retos asociados ao BD & DS. Espérase que o BD & DS teña un impacto moi relevante nos mundos da academia, das organizacións e da consultaría. Multiplicaranse os programas formativos e a posición de “analista de datos” estenderase polas organizacións. O BD & DS estase xa a converter nunha vantaxe competitiva ineludible. O curso de verán que se propón repasa o mundo do BD & DS combinando as perspectivas científicas e tecnolóxica