Información que recompilamos e sometemos a tratamento
Só se recolle a información persoal de contacto introducida no formulario de inscrición do evento: Nome completo, correo electrónico e empresa/institución.
Durante a xornada, anótase nos datos a asistencia ou non ao evento.
Como se utiliza a información de contacto
A información é almacenada nun arquivo informático coa finalidade de:
- Enviar por correo electrónico recordatorios previos ao evento.
- Enviar un correo electrónico posterior, sendo o contido dependente da asistencia ou non ao evento.
- En caso de consentilo, enviar correos informando de futuros eventos (habitualmente dous ao ano) durante os vindeiros dous anos dende o último consentimento.
A base legal para o tratamento de datos mencionado nesta sección é a prestación do servizo que se solicita de xeito voluntario (artigo 6, párrafo 1 (a) do RXPD).
Quen ten acceso á información
O acceso está limitado ao persoal administrativo dos centros de investigación da Rede de Centros Singulares de Investigación da USC e outros centros de investigación do Campus Vida.
Duración do almacenamento
O almacenamento producirase durante dous anos en caso de dar consentimento para informar de futuros eventos, ou o tempo preciso trala finalización do evento (non superior a un mes) para os fins indicados anteriormente.
Dereitos contemplados no RXPD
Debe enviarse un correo a citius.tic@usc.es
indicando que se desexa exercer algún dos dereitos contemplados: acceso, rectificación, supresión e limitación do tratamento, portabilidade de datos.
En caso de exercitar o dereito de supresión previo á celebración do evento, non será posible a asistencia.
Recollida de datos de navegación
Este sitio web utiliza Matomo Analytics que recolle información anonimizada: dirección IP do usuario (anonimizada en dous bytes), hora e data de cada petición, título da páxina que se está a ver, URL da páxina que se está a ver, URL da páxina que se viu antes da actual, resolución de pantalla, hora no fuso horario actual do usuario, arquivos que foron pulsados e descargados, ligazóns a dominios externos que foron pulsados, duración temporal da xeración das páxinas, latitude e lonxitude do usuario (aproximada a nivel de país baseándose na dirección IP), idioma principal do navegador (cabeceira Accept-language), identificador do navegador (cabeceira User-Agent).
Esta información é almacenada nunha base de datos con fins estatísticos para auditorías internas e externas e mantense almacenada en bruto durante un período de dous anos. Resumos e estatísticas dos datos poderían ser comunicados a terceiros a través de presentacións, memorias de actividades e outros medios. Se non desexas que a páxina monitorice a túa actividade, podes indicalo desmarcando a seguinte casilla (por cuestións técnicas, en inglés).