Cartel do evento

I Reto de Programación do CiTIUS

Gañadores!

Moitas gracias ás dez parellas asistentes pola participación. Os gañadores foron Alberto León e Jorge López Seijas. Noraboa!

I Reto de Programación do CiTIUS

Na actualidade a programación paralela deixou de ser algo exclusivo de científicos e grandes centros de computación, para estar presente no noso día a día na forma de procesadores multi-core nos ordenadores de sobremesa, portátiles, tablets e smartphones.

Para facerse unha idea do que avanzou a tecnoloxía, debemos saber que aqueles que teñan un móvil de última xeración teñen entre as súas mans a mesma capacidade de cálculo que un dos 500 supercomputadores máis potentes do mundo de hai uns vintecinco anos.

Pero non todo van ser boas novas... Para extraer todo o potencial deses dispositivos, toda a responsabilidade cae sobre a programación e os programadores.

Aquí é onde entrades vos... Tedes os suficientes recursos como para afrontar ós retos que vos propoñemos en tempo real neste I Reto de Programación Secuencial e Paralela do CITIUS?

O reto

O reto constará de dúas partes diferenciadas: unha de programación tradicional (secuencial) e outra de programación paralela. Pódese optar ó premio participando só nunha das partes, aínda que na puntuación final contabilizarase a suma de ambas.

Na primeira parte, o obxectivo será implementar algoritmos que dean resposta a dous problemas reais que se plantexarán. A puntuación será mellor canto menos tempo tarde en obter a resposta correcta ó problema. A solución adoptada é totalmente libre, coa única limitación de estar programada nunha das seguintes linguaxes de programación: Fortran, C, C++, Java ou Python.

Na segunda parte, os concursantes disporán duns códigos secuenciais que solucionan dous problemas que se plantexan. O obxectivo é utilizar técnicas de paralelización para obter a solución a cada un deles no menor tempo posible usando varios procesadores de forma simultánea. As tecnoloxías permitidas para a programación paralela son OpenMP e MPI, e polo tanto deben estar codificadas en C.

Os concursantes participarán no reto en PARELLAS, coa única limitación na composición de equipo de que ambos concursantes deben ser estudiantes de grao da Universidade de Santiago de Compostela.

A recompensa

A parella gañadora obterá unha viaxe a Barcelona, cunha visita guiada ó Barcelona Supercomputing Center. O premio consta dos custos da viaxe de ida e volta en avión para dúas persoas, dúas noites nun hotel e a visita guiada.

Lugar e data

O reto é de caracter presencial e terá lugar na Escola Técnica Superior de Enxeñería o día 27 de Febreiro de 2014 ás 11:00. Os participantes deben levar o seu propio ordenador portátil.

Inscríbete

A inscrición debe facerse por parellas. Aceptaranse inscricións ata o 26 de Febreiro ou ata completar aforo.

AVISO: INSCRICIÓN PECHADA. Xa se cubriu o aforo do reto.

¿Dúbidas?

Envía un correo electrónico coas túas preguntas á organización: juancarlos.pichel [at] usc.es.