Organiza e patrocina

Logo CITIUS-USC

Patrocina

Logo FECYT

Outras Edicións

2008

Información de interese

O que está a pasar en ObradoiroBot

Agarda que carguen as mensaxes

Séguenos aquí RSS

Taller 2: Interacción xestual co robot

A interacción entre usuarios e o robots é crítica para que o uso de robots fora dos ambientes controlados dos laboratorios de investigación sexa algún día posible. Neste taller mostramos os nosos recentes avances nesta área. Os asistentes poderán interactuar cun robot móbil a partir de xestos coas mans. O robot será capaz de identificar, entre un grupo de varias persoas, aquela que quere interaccionar con el. Ese usuario poderá controlar dun xeito sinxelo certas operacións do robot e mesmo poderá guialo polo contorno.

O obxectivo final será que o usuario lle “ensine” ao robot dun modo moi sinxelo e intuitivo as rutas quere que realice, incluídas as paradas e as mensaxes ou tarefas que debe reproducir ou facer en cada parada. O robot será despois capaz de reproducir esas rutas de forma totalmente automática.