Organiza e patrocina

Logo CITIUS-USC

Patrocina

Logo FECYT

Outras Edicións

2008

Información de interese

O que está a pasar en ObradoiroBot

Agarda que carguen as mensaxes

Séguenos aquí RSS

O robot móbil

Presentámosvos ao Pioneer 3DX, que é o robot móbil co que imos e ides traballar no ObradoiroBot.

Pioneer3dx

Este robot é quen de se orientar e localizar, para saber onde está en cada momento nun espazo. Ademáis pode moverse esquivando paredes e obstáculos, guiado por Intelixencia Artificial. Tamén é capaz de aprender a partir da experiencia e pouco a pouco ir mellorando os seus comportamentos, movéndose mellor e mais rápido. A intelixencia artificial permítelle facer percorridos cada vez mais parecidos ás que faríamos cada un de nos: cruzando portas, planificando traxectorias dun punto a outro, evitando as colisións, ... iso sí, non penses que é un robot ultrarrápido. Móvese a unha velocidade máxima de 1,6 m/s, que en km/h veñen sendo...¡seguro que ti o podes calcular exactamente!

Para localizarse e detectar os obstáculos, o Pioneer 3DX ten un sensor láser e un anel de 16 sensores de ultrasons, mediante os que recolle información do seu contorno, coma se fosen radares ou os ecos dos morcegos.

Queres coñecer máis detalles sobre o Pioneer 3dx?