Organiza e patrocina

Logo CITIUS-USC

Patrocina

Logo FECYT

Outras Edicións

2008

Información de interese

O que está a pasar en ObradoiroBot

Agarda que carguen as mensaxes

Séguenos aquí RSS

Taller 3: Aprendizaxe automática

A programación de robots móbiles para a resolución de tarefas é un proceso complexo e delicado, moi dependente dos detalles do contorno e do robot (sensores, actuadores, etc.). Neste taller probaremos o funcionamento de diversos algoritmos de aprendizaxe por reforzo. Faremos que un robot aprenda, en tempo real e sen ningún tipo de información previa, o comportamento básico de seguir unha parede nun contorno acotado. O reforzo consistirá en que un usuario, empregando un mando sen fíos, lle indicará ao robot cando está a facer mal a tarefa. Co mesmo mando, tamén poderá mover o robot para evitar situacións de risco (por exemplo, si está moi cerca ou moi lonxe da parede). Estas indicacións serán suficientes para que o algoritmo de aprendizaxe teña en conta estas experiencias e efectúe a tarefa correctamente.