Organiza e patrocina

Logo CITIUS-USC

Patrocina

Logo FECYT

Outras Edicións

2008

Información de interese

O que está a pasar en ObradoiroBot

Agarda que carguen as mensaxes

Séguenos aquí RSS

Taller 4: A Gimcana

Os asistentes poderán aprender de xeito práctico as bases tecnolóxicas do guiado dun robot móbil real: sensores láser e de ultrasons, comportamentos básicos do robot e a intelixencia artificial que o controla.

Para iso empezaremos cunha breve presentación sobre o funcionamento básico da robótica móbil e o complicado que resulta para un robot mesmo facer as tarefas moi básicas, como moverse, cruzar unha porta ou ir a un lugar predeterminado evitando colisionar. Veremos unha demostración práctica de como o robot é quen de facer autonomamente un percorrido por un circuíto, coa única axuda dos seus sensores láser e da intelixencia artificial que controla todo o seu comportamento.

A continuación terá lugar unha gimcana, na que se formarán varios equipos que poderán guiar manualmente o robot móbil Pioneer 3DX real. A gimcana consiste nunha competición deportiva na que cada un dos equipos terá que percorrer un circuíto evitando colisións coas paredes. A dificultade está en que os equipos unicamente non terán visión directa nin do robot nin do circuíto, e só poderán “ver” exactamente o mesmo que "ve" o robot (é dicir, só se poderán guiar usando a información dos sensores láser). Deste modo poderemos experimentar a falta de información que ten o robot para tomar as súas decisións e o confusa que esta resulta.

A actividade rematará coa entrega de premios de recordo aos finalistas.