Aloxamento

    Santiago de Compostela é unha cidade e municipio de España. Capital da comunidade autónoma de Galicia, pertence á provincia da Coruña. Está situada a 65 quilómetros ó sur da cidade da Coruña e a 62 quilómetros ó norte de Pontevedra. Inclúe os antigos municipios de Conxo (incorporado en 1925) e Enfesta (incorporado en 1962). A cidade antiga é Patrimonio da Humanidade pola Unesco dende 1985. Destaca por ser un importante núcleo de peregrinación cristiá, xunto con Xerusalén e Roma, ó sinalar a tradición de que alí deuse sepultura ao Apóstolo Santiago o Maior. De especial importancia artística é a súa Catedral dedicada precisamente ó Apóstolo Santiago. É tamén relevante a súa Universidade, de máis de 500 anos de historia, a cal concede á cidade un agradable ambiente estudiantil, con 30.000 alumnos matriculados cada curso.

  • ¿Necesitas aloxamento? Santiago ten unha gran oferta hoteleira. Visita o procurador de hoteis.
  • Adicionalmente, o servizo de residencias universitarias da USC ofrece unha serie de prazas para os cursos de verán. Convocatoria de prazas de aloxamento do Servizo Universitario de Residencias (SUR) da USC