(C1) Big Data & Data Science. Presente e Futuro
Descrición
Big Data é a nova moda en enxeñería do software. Cando se acuñou o termo, este utilizábase para técnicas software que necesitaban ou eran capaces de traballar con cantidades datos que superasen o límite alcanzable por unha única máquina. Hoxe en día ten unha acepción máis ampla como una disciplina que trata de investigar formas de procesamento dixital para a toma de ...
(C2) Analizando a Web Social
Descrición
O desenvolvemento das redes sociais, as comunidades virtuais e en xeral toda a información que os usuarios comparten a través da Web ven de crear un novo campo de aplicación das técnicas de Análise Intelixente de Datos. Nesta conferencia presentarase unha perspectiva sobre a situación actual do análise da información das comunidades virtuais e das técnicas utilizadas.
(C3) Recuperación da Información: Actualidade e retos
Descrición
Nesta conferencia se presentará unha visión xeral dos sistemas de recuperación da información Web, tratando desde cuestións básicas do funcionamento dos motores de busca, ata os principais retos en el área de Tecnoloxías de Busca. A tecnoloxía de busca e o campo de Recuperación de Información abordan...
(C4) O papel do Cloud Computing no BD & DS
Descrición
Nesta conferencia repasarase a situación actual das tecnoloxías de Cloud Computing, presentando as interconexións da mesma coas ferramentas de BD & DS, analizando as necesidades Big Data and Data Science futuras das infraestruturas de supercomputación para o manexo do “mar de datos” que están a xerar as novas aplicacións de BD & DS.
(C5) Manexando información espacio-temporal
Descrición
A cantidade de datos de natureza espazo-temporal que se están a xerar como resultado de distintos procesos de observación e captura ten unha tendencia claramente crecente. Nesta charla proporcionarase unha visión xeral sobre as técnicas e tecnoloxías dispoñibles para a xestión eficiente de datos espazo-temporais de natureza heteroxénea...
(C6) Bioinformática da ultrasecuenciación
Descrición
Un dos retos das tecnoloxías actuais de Big Data e Data Science é a súa aplicación para o análise da cantidade inxente de información xenómica que están xerando os novos procesos de secuenciamento de ADN. Presentaranse a situación actual da utilización de sistemas computacionais en bioinformática...
(C7) NoSQL: Introdución as Bases de Datos non estruturadas
Descrición
O 95% da información que se está xerando actualmente na rede correspóndese con información non estruturada e as bases de datos relacionais tradicionais non son axeitadas para o manexo desta información. Os novos sistemas desenvolvidos para o seu manexo, que utilizan infraestruturas de supercomputación altamente distribuídas...
(C8) Visualización dos Datos: Contando a historia
Descrición
Unha das claves que permiten aos analistas de datos comprender a información ven dada pola dispoñibilidade de ferramentas axeitadas de visualización de datos. Nesta conferencia presentarase o estado da arte das ferramentas de visualización de datos dende a perspectiva de Big Data e Data Science.
(C9) BD & DS: Unha perspectiva computacional
Descrición
Nesta conferencia presentarase unha perspectiva global das metodoloxías e técnicas que se utilizan para a Análise Intelixente de Datos dende unha perspectiva computacional. A conferencia incluirá unha introdución as metodoloxías para a preparación de datos, a descrición das técnicas de aprendizaxe máquina máis habituais, así como un ...
(C10) Web Semántica e Linked Data
Descrición
Nos últimos anos o paradigma de Linked Data xurdiu con forza como principal aproximación para a publicación de datos na Web, con énfase no enlazado de datos que proveñen de diferentes fontes e no uso Big Data and Data Science de estándares Web para acceder aos datos. Esta interconexión entre múltiples fontes de datos abre novos retos ...
(M1) Web Intelixente
Descrición
A evolución da Web necesita cada vez máis intelixencia para responder de forma transparente, adaptativa, proactiva e social ás necesidades dos usuarios. Nesta mesa redonda debaterase acerca do futuro da evolución dos sistemas de procura de información, o papel da web semántica, o manexo de información desestruturada na web, a minería de opinións e a análise de sentimentos, a extracción da información da web, etc.
(M2) Xestión de datos en disciplinas científicas
Descrición
A complexidade e volume crecente dos datos xerados en moitas disciplinas científicas fai que as tecnoloxías de almacenamento e xestión desenvolvidas para contornos de negocio sexan totalmente ineficientes. Nesta mesa redonda discutirase a situación actual e os retos futuros na xestión e procesamento de datos en dominios científicos como os da observación e modelado medioambiental, teledetección, astronomía, arqueoloxía, etc.
(M3) BD & DS na Internet das Cousas
Descrición
A explosión da Internet das Cousas e a extensión do concepto de Cidades Intelixentes vai producir no futuro próximo unha multiplicación exponencial da información da que dispoñemos do noso contorno. Nesta mesa redonda, discutiranse estes aspectos, tratando dende os retos que supón esta explosión para o BD & DS, ata as novas aplicacións que están xurdindo en Domótica, Contornos Urbanos, Xestión de Enerxía e E-Saúde.
(M4) O futuro do BD & DS na economía e nas organizacións
Descrición
Nesta mesa redonda exporase un debate acerca do impacto esperable do Big Data e Data Science na economía, na sociedade e nas organizacións, así coma das transformacións esperables como consecuencia da implantación destas tecnoloxías.
(T1) Lucene
Descrición
Apache Lucene (TM) é unha plataforma de alto rendemento para o desenvolvemento de sistemas completos de recuperación de información escrita integramente en Java. Por medio de Lucene desenvolveranse unha serie de casos prácticos orientados a presentar o uso da plataforma para o desenvolvemento de sistemas de procura e análise de información textual.
(T2) Cassandra
Descrición
Apache Cassandra é un sistema de base de datos NoSQL distribuida, de código aberto que está diseñado para almacenar e xestionar grandes cantidades de datos a través de servidores "commodity" diseñada por Facebook e implementada en Java. É un sistema descentralizado (P2P) altamente escalable e tolerante a fallos. Neste taller levarase a cabo unha introducción ás principais características de Cassandra.
(T3) Bahía Software. Introducción a Hadoop
Descrición
Apache Hadoop é unha implementación Open-Source do modelo de programación MapReduce para o desenvolvemento de aplicacións distribuídas para o manexo de Big Data. Neste taller faremos unha introdución aos principais aspectos de Hadoop...
(T4) Software para aprendizaxe automática e minería de datos
Descrición
Hoxe en día existen varias plataformas de software para aprendizaxe automático e minería de datos que facilitan a tarefa de análise. Este software contén tanto ferramentas de visualización como algoritmos para o análise de datos e modelado predictivo. O taller mostrará cómo aproveitarse deste conxunto de ferramentas.