A Actividade
Poderás aprender de xeito práctico as bases tecnolóxicas do guiado dun robot móbil: sensores láser e de ultrasonidos, comportamentos básicos do robot e a intelixencia artificial que o controla.
Programa
Para iso empezaremos cunha breve e amena presentación sobre que é (e tamén que non é) a robótica móbil, como funciona e para que sirve. Seguro que sobre estes temas todos coñecedes algúns usos coma a exploración espacial, axuda a discapacitados, realización de tarefas perigosas, ser mascotas ou mesmo dirixir unha orquestra. Pero quizáis non saibamos tanto sobre como conseguir eses comportamentos tan complexos.
Nesta primeira presentación vos ensinaremos tamén o funcionamento básico da robótica móbil, para que vexades directamente o complicado que resulta para un robot mesmo facer as tarefas mais básicas, que todos nós sabemos facer dende moi pequenos, como moverse, cruzar unha porta ou ir a un lugar predeterminado evitando colisionar.
A Gimcana
Pero non vai quedar todo nunha presentación pola nosa parte. Queremos que participedes e probedes o funcionamento dun robot móbil Pioneer 3DX real. Para iso teremos despois a gimcana, que vai ser unha competición deportiva na que cada os equipos terán que recorrer un circuito evitando colisións coas paredes
Imos formar os equipos de entre todos/as os/as que participedes na presentación activamente preguntando curiosidades ou dúbidas, así que prepara as túas preguntas para poder participar. ¡Así tamén todos/as aprenderemos moito mais!
Antes da gimcana veredes unha demostración de como o robot é quen de facer o percorrido el só, coa única axuda dos seus sensores láser e da intelixencia artificial que controla todo o seu comportamento. Ao mellor vos parece moi fácil, pero se é así teredes despois a continuación a oportunidade de facelo por vos mesmos na gimcana. Haberá dúas semifinais e a gran final entre os dous equipos que sexan capaces de percorrer a maior distancia co Pioneer 3DX en 3 minutos, pero teredes que facelo... "vendo" exactamente como "ve" o robot, a través dos seus sensores láser e guiándoo cun joystick wifi. Está proibido que os equipos miren para o circuito ou para o robot directamente, xa que iso sería moita axuda :-) así que...¡xogo limpo!
E todo isto, con software libre
Teremos ao final a entrega de premios de recordo aos gañadores e finalistas e tamén un pequeno agasallo para todos os asistentes. Así que... ven a aprender cousas sobre tecnoloxía e computación avanzada, e sobre todo a divertirte, competir e pasalo ben coñecendo cousas novas co robot móbil Pioneer 3DX, e... por suposto tamén connosco.