Organiza e patrocina

Logo Gsi

Patrocinan

Logo Semana

Logo Idi

Logo Incite

Web Actual

Información de interese

O que está a pasar en ObradoiroBot

Agarda que carguen as mensaxes

Séguenos aquí RSS

Organizadores

Os organizadores desta actividade somos colaboradores do Equipo de Robótica Móvil do Grupo de Sistemas Intelixentes (GSI) da USC, docentes na titulación de Enxeñaría Técnica en Informática de Sistemas da USC. No grupo somos case trinta persoas que levamos moitos anos investigando en intelixencia artificial, con proxectos en diversos temas, coma a monitorización intelixente, a computación flexible, a enxeñaría do coñecemento, aprendizaxe automática, a intelixencia de negocio ou as redes sociais e sistemas de recomendación.

Temos aplicado estas investigacións en ámbitos coma a axuda ao diagnóstico en doentes, a supervisión e control de sistemas industriais, os sistemas de apoio ao e-learning, as tecnoloxías da Web (Web 2.0 e Web semántica) e por suposto á robótica móbil.

Se queres coñecer algo mais do que facemos podes visitar a nosa páxina web, pero unha forma mais directa será que participes en ObradoiRobot, xa que alí nos poderemos ver en persoa e falar do que vos interese.

Para levar a cabo esta actividade na Semana da Ciencia 2008 contamos co apoio económico da Dirección Xeral de I+D+i da Xunta de Galicia (programa Diverciencia) e co apoio fundamental dos tres centros aos que imos levar Obradoirobot: a Escola Técnica Superior de Enxeñaría da USC (Santiago de Compostela), o IES Escolas Proval (Nigrán) e o IES de Rodeira (Cangas). Agradecémoslles moi sinceramente a todos eles a súa axuda e colaboración imprescindibles (especialmente a Eva, Javier e Manuel), e a todos vos a vosa participación activa no Obradoirobot.

Para calquera contacto sobre esta actividade, tedes os nosos emails de contacto na web do grupo, pero o xeito mais directo é escribirnos ao enderezo:

obradoirobot@gmail.com

Moitas grazas pola vosa participación:

Alberto Bugarín
Carlos Vázquez
Cristina Gamallo
José Luis Correa
Manuel Mucientes
Miguel Rodríguez
Pablo Quintía
Roberto Iglesias